IniciosociedadeO forte vento deixa refachos de ata 150 quilómetros por hora na...

O forte vento deixa refachos de ata 150 quilómetros por hora na Pontenova

O vento condicionou as tarefas de extinción dos incendios forestais que afectan a Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O forte vento que rexistrou case toda Galicia durante esta xornada deixou refachos máximos de 150 quilómetros por hora no municipio lugués da Pontenova. O vento condicionou as tarefas de extinción dos incendios forestais que afectan a Galicia este mércores.


No máis grave, rexistrado en Baleira (Lugo) con 330 hectáreas afectadas ata o momento, os medios aéreos tiveron que retirarse desde o mediodía por refachos de ata 70 km/h e os cambios na dirección do vento.

Tamén se superaron os 100 quilómetros por hora en Viveiro (Lugo) –124 km/h– e rozáronse en Monfero (A Coruña), Cedeira (A Coruña) e Abadín (Lugo).

AVISO AMARELO PARA ESTE XOVES

Parte da Comunidade galega permanecerá este xoves en aviso amarelo por fortes refachos de vento, unha alerta que será laranxa no caso da Costa da Morte e o noroeste da Coruña. En concreto, a partir das 9,00 horas o norte da comunidade e as zonas de montaña de Lugo e Ourense activarase o aviso amarelo por refachos que poderán superar os 70/80 quilómetros por hora.

Ademais, tamén haberá aviso amarelo na costa, un nivel de alerta que será laranxa a partir das 12,00 horas na Costa da Morte e no noroeste da Coruña, con ventos do suroeste que poderán alcanzar forza oito. Xa na xornada do venres haberá aviso laranxa en toda a costa galega por mar combinado, con ondas que poderán alcanzar entre cinco e sete metros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...