Hoxe, sábado, tivo lugar a presentación do cartel anunciador das actividades que se van a celebrar en Lourenzá co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. É obra do pintor mariñán Hipólito Xeada, que estivo acompañado no acto pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e varios membros da Mesa Coordinadora Don Paco.
O mércores 17, Día das Letras Galegas, haberá varias actividades en Vilanova de Lourenzá: ás 11 da mañá na Praza do Conde Santo terá lugar o acto institucional da Xunta de Galicia; ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega; e ás 15:00 horas empezará no Campo do Mosteiro unha comida homenaxe a Francisco Fernández del Riego e ás Letras Galegas. Ademais durante todo o día haberá actuacións musicais que correrán a cargo de grupos como a asociación Osorio Gutiérrez, a Banda de Música de Lourenzá, o coro Mestre Pacheco, Treixadura e Souto Xímaro.