InicioDeportesAcordo entre Barreiros e Lourenzá para potenciar o atletismo dirixido a nenos...

Acordo entre Barreiros e Lourenzá para potenciar o atletismo dirixido a nenos e nenas

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Barreiros e Lourenzá chegan a un acordo para potenciar e mellorar a formación das crianzas barreirenses que queiran practicar atletismo.

Mediante este acordo, o corpo técnico das EEDD de Lourenzá asumirá os adestramentos da modalidade de atletismo para as nenas e nenos de Barreiros, que contarán cun adestramento neste municipio, outro no de Lourenzá e un terceiro para o uso das pistas de atletismo de Cervo.

A alcaldesa barreirense, Ana Ermida, manifestou que “valoramos positivamente para este acordo o traballo e a metodoloxía que levan feito durante todos estes anos nas Escolas de Lourenzá, que nos servirá para seguir apostando pola base sen perder a nosa identidade como Escolas deportivas de Barreiros”, e amosouse convencida da necesidade de aproveitar sinerxías entre Concellos para dar máis e mellores servizos á veciñanza”.

As inscricións están abertas e realízanse nas oficinas do Concello de Barreiros sendo o comezo da actividade o luns da vindeira semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...