Foz é o municipio da provincia de Lugo con maior porcentaxe de vivendas deshabitadas, e un dos sete primeiros en Galicia. A Mariña central é a segunda bisbarra da comunidade cunha maior proporción de pisos baleiros. Na bisbarra hai 12.908 casas desocupadas dun total de 54.672, o 23,57%.
Son algúns dos datos ofrecidos este luns nun informe da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein). O documento precisa que en Galicia hai 1.605.998 vivendas, das cales, 299.301 están desocupadas, o que supón un 18,64 por cento do total.
O informe desagrega os datos por comarcas e por municipios. Así, A Coruña é a que máis vivendas baleiras ten (35.231, un 15,97% do total), mentres que Ortegal é a que rexistra un maior volume de inmobles baleiros: das 10.685 vivendas da bisbarra, 3.220 atópanse baleiras, un 30,14% do total.
a media galega sitúase no 18,64%, con case 300.000 casas sen ocupar
A Mariña central segue a Ortegal na listaxe, cun 27,98% de vivendas desocupadas (6.353 de 22.702). Os datos son moi inferiores na Mariña Occidental, con 3.822 pisos baleiros de 17.243 (un 22,17%) e na Mariña Oriental, con 2.540 casas deshabitadas das 13.746 construídas, o que supón un porcentaxe do 18,5%.
EN OURENSE, OS MAIORES PORCENTAXES
Por municipios, o concello de Porqueira (Ourense) é o que maior proporción de inmobles desocupados ten de toda a comunidade; catro de cada dez están nesa situación. A Coruña encabeza a listaxe do maior número de vivendas sen utilizar, con 19.283 casos, o que se traduce nun porcentaxe de 14,24%.
Na provincia de Ourense é onde se atopan os concellos con maior porcentaxe de inmobles baleiros. Ademais de Porqueira, noutro tres municipios supérase o 35%: Castrelo do Val (38,3%), Melón (37,35%) e Ramirás (35,42%). Ademais, róldase este volume en Rairiz de Veiga (34,96%) e Carballeda de Avia (34,73%).
Só un municipio coruñés, o de Carnota (34,22%), precede a Foz (33,95%) na listaxe, sen que haxa concellos de Pontevedra cunha desocupación superior ao 30%. No municipio focego hai 3.446 vivendas deshabitadas dun total de 10.149.
SÓ SEIS MUNICIPIOS DE OURENSE E CARNOTA SUPERAN AO CONCELLO FOCEGO NA PROPORCIÓN DE PISOS DESHABITADOS
ONCE MUNICIPIOS DA MARIÑA, POR RIBA DO 20%
Segundo o informe de Fegein, o segundo municipio mariña con maior porcentaxe de casas sen utilizar é O Vicedo, con 344 pisos deshabitados de 1.251, o que supón un 27,50%. Mondoñedo é o seguinte concello, co 26,32% (719 de 2.732).
Trabada, con 173 pisos deshabitados de 714, ten un 24,23% das súas casas baleiras; un porcentaxe similar ao de Burela, con 1.352 pisos deshabitados de 5.636, o 24%. En Viveiro, o volume é do 23,63% (2.588 de 10.954); en Cervo, do 22,61% (651 de 2.881).
O seguinte na listaxe é Lourenzá, co 21,62% de pisos desocupados (318 de 1.471); a continuación veñen O Valadouro, co 20,96% (331 de 1.579), A Pontenova, co 20,28% (364 de 1.795) e Ribadeo, 20,24% (1.316 de 6.501).
Por debaixo do 20% de vivendas deshabitadas están Riotorto, co 19,67% (193 de 981);
Alfoz, co 16,48% (187 de 1.135); Barreiros (687 de 4.736, co 14,51%), Ourol (78 de 678, co 11,50%), e Xove, que pecha a listaxe da bisbarra co 10,89% dos seus pisos sen habitar (161 de 1.479).