IniciosociedadeOs afectados por coronavirus na provincia ascenden a sete, cun total de...

Os afectados por coronavirus na provincia ascenden a sete, cun total de 135 en Galicia

Este sábado produciuse o primeiro falecemento na autonomía, unha muller de Vigo de 92 anos con múltiples patoloxías previas

Publicada o

- Advertisement -

Dez días despois da detección na autonomía do primeiro caso de infección por coronavirus, a Xunta de Galicia informou este sábado do primeiro falecemento en Galicia dunha persoa con coronavirus, unha muller de 92 anos con múltiples patoloxías previas que se atopaba ingresada en Povisa. Trátase dun caso importado.

No conxunto de Galicia, o número de casos confirmados de coronavirus ascende a 135, 20 máis que no último balance. Deles, 55 están na área da Coruña onde, ademais doutros casos, se rexistraron varios vinculados ao centro cívico de Feáns, pechado preventivamente en canto detectáronse. Así mesmo, 23 están na área de Vigo, 17 na de Santiago, 15 na de Ourense, 13 en Pontevedra, sete en Lugo e cinco na área sanitaria de Ferrol.
No entanto, este venres rexistráronse as tres primeiras altas, que se corresponden con pacientes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O alcalde de Ribadeo pide reunirse co presidente da Deputación de Lugo

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, reclama unha reunión co presidente da Deputación de...

Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano organizado por Concello e ACISA

Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14...

Mellora da seguridade na Avenida Ría de Ribadeo

O Concello, despois da reunión mantida hoxe con veciños e veciñas da avenida Ría...