Un home de 90 anos, segunda vítima mortal no Hospital da Mariña por coronavirus

Segundo informou a Consellería de Sanidade, o falecido tiña patoloxías previas

Corredor do Hospital Público da Mariña. AXM

Un home de 90 anos ingresado no Hospital Público da Mariña é a segunda vítima mortal que se cobrou a coronavirus na bisbarra. Segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), o falecido tiña patoloxías previas.

A primeira vítima mortal a causa da pandemia na Mariña foi un residente da vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, en Ribadeo, de 83 anos.

314 MORTES EN GALICIA

Os últimos decesos, informa a Consellería de Sanidade, corresponden a unha muller de 71 anos, outra de 87, un varón de 77 e outro de 88 no CHUAC da Coruña; un home de 59 no Chus de Santiago e unha muller de 87 na clínica Rosaleda, nesa mesma cidade; outra muller de 81 ingresada no hospital de Verín, unha muller de 94 no Hospital de Valdeorras e un varón de 90 anos no Hospital da Mariña.

Deste xeito, Galicia suma 314 vítimas mortais a causa da pandemia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here