A Bicicleta Solidaria de Caixa Rural recada 1.900 euros para o Hospital de San Pablo

A iniciativa, que se celebra desde 2013, estivo en Mondoñedo, na décimo segunda etapa da Vuelta a España

Bicicleta solidaria en Mondoñedo. AXM

Caixa Rural Galega impulsou, con motivo da Vuelta a España e en colaboración con Seguros RGA, a Bicicleta Solidaria, unha iniciativa que permitiu recadar 1.923 euros para o Hospital San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo.

O importe destinarase á organización dunha xornada de deporte inclusivo para os residentes do centro hospitalario, que contará coa participación de adestradores paralímpicos.

Do mesmo xeito, na etapa décimo primeira da Vuelta, a Bicicleta Solidaria xerou unha donación de 2.118 euros cos 706 quilómetros completados que, neste caso, foron donados á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), para axudar nas obras de futuras instalacións.

A Bicicleta Solidaria é unha iniciativa que parte do 2013, instalada na fan zone e que converte cada quilómetro percorrido en cartos para fins sociais. Ademais, os participantes poden coñecer mellor ao equipo ciclista profesional Caja Rural-Seguros.

Pedalexaron en Mondoñedo Sor Isabel, educadora social do Hospital San Pablo e San Lázaro, Darío Campos, presidente da Deputación Provincial de Lugo, ou a alcaldesa, Elena Candia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here