IniciosociedadeAsí afectarán as novas restricións aos municipios da Mariña Lucense

Así afectarán as novas restricións aos municipios da Mariña Lucense

Á espera do DOG, Xove e Viveiro terán as medidas máis restritivas, illados perimetralmente e coa prohibición de consumir no interior da hostalería, que pechará ás 18.00 horas en toda a comarca

Publicada o

- Advertisement -
Á espera da publicación da normativa no Diario Oficial de Galicia (DOG), estas serían as restricións que a Xunta aplicará en Galicia a partir do vindeiro venres, e deste xeito afectarían á Mariña Lucense. A previsión é que estas medidas, segundo expuxo o presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, duren alomenos un mes.

Toda Galicia estará nos dous niveis máis altos de protección do protocolo vixente: en n
ivel medio-alto con carácter xeral e no máximo en zonas de maior incidencia. Para toda Galicia, aplícase o toque de queda ás 22.00 horas e mantense o peche perimetral da comunidade. A “recomendación básica”, segundo o Goberno autonómico, “é que se faga o esencial exclusivamente: atención médica, colexio, traballo (telemático se é posible), coidado de maiores e comercio dos enseres indispensables”.

NIVEL MEDIO-ALTO: 14 MUNICIPIOS

Nesta categoría entrarían os 14 municipios da Mariña cunha menor incidencia do coronavirusO Vicedo, Ourol, CervoBurela, O Valadouro, Foz, Barreiros, Ribadeo, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Riotorto e A Pontenova.
 –Reunións: máximo 4 persoas. Non deberán reunirse non conviventes a partir das 18.00 horas nos domicilios.
Peche da hostalería: 18.00 horas. Aforamento do 30% no interior e 50% na terraza. Entrega a domicilio sen límite.
Centros recreativos turísticos ao 50%
Deporte non federado: máximo 4 persoas, 50% aforo en interior
-No comercio aforamento de 50% e nos centros comerciais prohibido permanecer en zonas comúns. Peche ás 21.30 horas.
Cines, teatros e auditorios: 250 persoas interior e 500 exterior. Só un acompañante nos hospitais.

NIVEL MÁXIMO

Aplicaranse estas medidas en 63 municipios galegos, entre eles Viveiro e Xove, que contabilizan entre os dous 275 casos novos nos últimos 14 días.

Concellos cun nivel máximo de restricións. AXM
-Peche da hostalería: 18.00 h. Só atención nas terrazas e entrega a domicilio sen límite
-Establecementos de xogo: pechados.
Centros comerciais: aforamento do 30%.
Peche perimetral individual. Tamén Lugo, Pontevedra e Vigo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...