O Concello do Vicedo anunciou este mércores a través dun comunicado de prensa que o vindeiro domingo, 24 de xaneiro, realizarase un cribado masivo a asintomáticos debido ao aumento dos positivos no municipio, con 21 casos novos nas últimas dúas semanas.
As probas PCR efectuaranse a partir das 10.00 horas, no polideportivo municipal. Toda persoa que queira facer a proba deberá anotarse chamando ao número 982.59.00.29, na extensión de servizos sociais. O prazo para inscribirse rematará o venres 22 de xaneiro ás 15.00 horas, e os interesados deberán facilitar o número de DNI e un teléfono de contacto.
O Vicedo, xunto a Burela e Cervo, pasarán a partir da medianoite a un nivel meirande de restricións que inclúe o peche perimetral do municipio.