IniciosociedadeMáis de 5 quilos para o primeiro campanu do Eo

Máis de 5 quilos para o primeiro campanu do Eo

Trátase dun salmón pescado no coto A Volta, no municipio de San Tirso de Abres.

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O pescador Gonzalo Fernández Suárez, veciño de Quirós, logrou capturar este martes no río Eo o “campanu de Asturias“, o primeiro salmón da tempada, que ofreceu un peso de 5,150 quilogramos e unha lonxitude de 79 centímetros.

A captura deste salmónido tivo lugar pasadas o oito desta mañá no coto La Volta, e a súa poxa celebrarase este mércores ao aire libre no Mosteiro de Cornellana, no concello de Salas, a partir das 11:00 horas.

O campanu pescouse no segundo día hábil da tempada do salmón con morte tras o intento errado de conseguilo na xornada inaugural do domingo debido, principalmente, ás intensas choivas e a crecida dos ríos, con augas turbulentas e escasa visibilidade, que dificultaron a súa pesca.

En tempos de bonanza, o prezado campanu alcanzou na súa poxa a cifra marca de 18.000 euros que en 2007 abonou un restaurante xixonés, aínda que no último ano no que houbo poxa, en 2019, pagáronse 10.000 euros por un exemplar capturado no río Cares.

As restricións marcadas desde 2002 polo Goberno asturinao para a pesca do salmón establecen que só o primeiro exemplar pescado en cada unha das principais concas dos ríos salmoneros (Eo, Esva, Narcea-Nalón, Sela e Deva-Cares) poderá ser comercializado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...