A Mariña Lucense permanecerá en alerta amarela por fortes ventos desde as 00.00 horas do sábado, con refachos que superarán os 80 quilómetros por hora.
MeteoGalicia mantera o aviso durante todo o sábado e tamén durante a totalidade do domingo, cun prognóstico semellante.
No litoral haberá ventos do suroeste con forza 7, que se prolongarán tamén durante a xornada dominical. Non se esperan altos niveis de precipitacións, como si sucede noutros puntos de Galicia.
A alerta amarela indica que existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral aínda que só para algunha actividade concreta. Trátase de fenómenos meteorolóxicos habituais pero potencialmente perigosos.
CONSELLOS
Os consellos nestes casos son limitar os desprazamentos, non subir aos tellados e asegurar calquera obxecto exposto ao vento.