IniciosociedadeOs pacientes de cirurxía e traumatoloxía trasladaranse á parte nova do hospital...

Os pacientes de cirurxía e traumatoloxía trasladaranse á parte nova do hospital na tarde do mércores

O Sergas moverá 48 camas destas dúas especialidades durante a xornada e abrirá o párking anexo ao centro, con 230 prazas gratuítas

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) trasladará 48 camas das especialidades de cirurxía (24) e traumatoloxía (24) ao edificio novo do Hospital Público da Mariña na quenda de tarde deste mércores.

Segundo explicou a xerente executiva do Sergas na Mariña, María José Cortés Canay, a xerencia do centro hospitalario agarda que “a última hora da tarde o traslado estea rematado”. Ao longo do martes moveuse á parte ampliada do hospital o material necesario para acoller aos pacientes.

PÁRKING E TRÁFICO

Ao longo deste mércores, tamén pola tarde, comezará a funcionar o párking anexo ao centro hospitalario, que contará con 230 prazas e será de balde, segundo confirmou Cortés Canay.

O inicio da actividade na parte ampliada suporá, tamén desde este mércores, un reordenamento do tráfico na área perimetral. Un dos cambios principais será que a vía de acceso principal ao centro hospitalario e ao párking, Rafael Vior, será de sentido único de leste ao este.

A rúa de acceso ao hospital será de dirección única. AXM

AMBULATORIO

Cortés Canay explicou que “a partir do luns 10 continuaremos co traslado, neste caso da parte ambulatoria. Empezaremos co hospital de día oncohematolóxico, que esperamos ter operativo ese mesmo día na parte ampliada”, indicou.

Cortés Canay, no que será o hospital de día oncohematolóxico. AXM

Tamén se trasladarán as salas de endoscopias e a zona de probas de cardioloxía.

CONSULTAS EXTERNAS

No tocante a consultas externas, o cambio comezará o venres 14. “O día 17 teremos lista toda a actividade que se vai trasladar á zona nova funcionando alí”, expón Cortés Canay.

Panel informativo. AXM

A xerencia espera que tamén, daquela, o hall da zona nova quede accesible como entrada principal do hospital para os visitantes dos pacientes de cirurxía, traumatoloxía e consultas externas.

Os cambios motivarán o reforzo de persoal de auxiliares de enfermería e celadores nas quendas de mañá e tarde.

Medicina interna, xinecoloxía, pediatría e a Unidade de Coidados Intensivos quedarán no edificio antigo.

REFORMA

Cortés Canay indicou que “unha vez se faga o traslado, temos o compromiso de que comezarán as obras de reforma de forma inmediata“.

A xerente executiva do Sergas na Mariña agarda que a parte reformada “abra en xuño, se non hai retrasos”.

Nas plantas que quedarán baleiras farase unha nova planta na que quedará un control de enfermería e 14 habitacións en cada planta, que serán de uso individual.

En principio, estas estancias quedan asignadas a traumatoloxía e cirurxía, aínda que a súa asignación dependerá da demanda dos pacientes. Dúas delas serán específicas para doentes que requiren illamento.

18.000 METROS CADRADOS

Co novo edificio, que estará comunicado co antigo interiormente, a superficie de edificación do centro hospitalario superará os 18.000 metros cadrados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...