IniciosociedadeReal Game e rol en vivo no labirinto de Rinlo no primeiro...

Real Game e rol en vivo no labirinto de Rinlo no primeiro espectáculo deste tipo en Galicia

Poden participar nenos de máis de dez anos acompañados dos pais. O prezo é de case 30 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Labirinto de Rinlo, no municipio de Ribadeo, acollerá o día 13 de agosto, sábado, un espectacular evento de lecer alternativo, denominado Cazadores de Demos, que é unha mestura de real game e rol en vivo, no cal os xogadores interpretan un papel, investigan e resolven enigmas. Así o explica a empresa organizadora, World Real Games, que promove este tipo de eventos por toda España desde fai nove anos e esta é a primeira vez que o fai en Galicia.

Cazadores de Demos é un novo tipo de evento de lecer nocturno onde os participantes son parte dunha “historia terrorífica” e teñen que loitar pola súa supervivencia fuxindo de inimigos, sendo sixilosos ou resolvendo enigmas. Durante seis horas os participantes deberán ir completando obxectivos que os actores da organización lles proporán mentres escapan de inimigos demoniacos que van detrás deles.

“Aínda que hai unha parte física, na cal hai que fuxir dos inimigos, pero é un evento para todos, non importa a forma física. As familias son tamén benvidas e os pequenos máis valentes pasarano en grande. Os participantes atoparanse con vestiarios e máscaras profesionais de silicona flexible“, indica o xerente do Labirinto de Rinlo, Juan Manuel Azcona,

Neste espectáculo poden poden participar adultos e nenos a partir de 10 anos, que deben ir acompañados, e a partir de 14 anos necesitan autorización dos seus pais ou titores. O prazo de inscrición está aberto até este xoves, día 11, e o prezo por participante é de 29,90 euros, cun desconto de 5 euros para os que acrediten estar empadroados no municipio de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...