Home Central Burela Carmela López Moreno será a candidata do PSOE á alcaldía de Burela

Carmela López Moreno será a candidata do PSOE á alcaldía de Burela

0
Carmela López Moreno será a candidata do PSOE á alcaldía de Burela

Carmela López Moreno, actual concelleira de Servizos Sociais e Mar no Concello de Burela foi elixida candidata do PSOE á Alcaldía deste municipio mariñán nunha reunión coa militancia, o que dará a substitución ao actual rexedor, Alfredo Llano, que xa anunciara en xaneiro que non se presentaría.

Dado que a Executiva do Partido Socialista en Burela non está constituída, correspóndelle á dirección provincial realizar a proposta da candidatura ás eleccións municipais o próximo 28 de maio. Por iso se convocou a reunión, na que tamén estivo o secretario xeral provincial do PSOE, José Tomé.

Tras valorar o traballo nos últimos anos, acordouse que a mellor opción para liderar o proxecto é Carmela López Moreno, que “xa vén desempeñando hai tempo un gran traballo como concelleira”, en palabras de Tomé, quen eloxiou o “extraordinario labor” duranten estes anos do alcalde e o seu equipo.

“É a primeira muller candidata do Partido Socialista ás eleccións municipais e estou convencido de que será a primeira muller alcaldesa de Burela”, destacou o líder provincial do PSOE.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here