Home Oriental Ribadeo A escola de Rinlo será arranxada grazas ao convenio asinado entre Ribadeo e a Deputación de Lugo

A escola de Rinlo será arranxada grazas ao convenio asinado entre Ribadeo e a Deputación de Lugo

0
A escola de Rinlo será arranxada grazas ao convenio asinado entre Ribadeo e a Deputación de Lugo

O Concello de Ribadeo asinou hoxe un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, por importe de 23.600 euros, para o arranxo da escola municipal de Rinlo.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “tal e como tiñamos planificado, logo da xuntanza que tivemos coa asociación de veciños de Rinlo hai uns meses sobre as necesarias melloras na escola municipal, quedamos en buscar a maneira de arranxar este inmoble municipal“. A axuda da Deputación de Lugo foi solicitada ao comezo do verán despois de que a Xunta denegara unha petición semellante a comezos de ano.

A edil ribadense manifestou que “afortunadamente, no dia de hoxe, asinamos o convenio de colaboración interadministrativa entre a Deputación de Lugo e máis o Concello de Ribadeo para financiar as obras de mellora e equipamento deste edificio”.

Otero tamén manifestou que “o convenio servirá para financiar o proxecto que redactou o técnico municipal e que ascende a uns 23.600 euros”. Dito proxecto recolle todas as suxestións feitas pola asociación de veciños. Entre elas figuran como foron arranxar os problemas de humidade, revisar a cuberta, reparar a carpintería, eliminar os problemas de filtración de auga nos aseos, pintar e reparar a zona do peche da parcela e dotar de radiadores e mobiliario.

Por último, a concelleira remarcou que “queremos polo tanto cumprir cos nosos compromisos nesta parroquia e cos veciños e veciñas dela porque queremos ir mellorando estes edificios municipais”. A intención é ir facendo destes espazos uns lugares de xuntanza e actividades.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here