Home Oriental Ribadeo Aberta a matrícula para as escolas deportivas de inverno en Ribadeo até o 30 de setembro

Aberta a matrícula para as escolas deportivas de inverno en Ribadeo até o 30 de setembro

0
Aberta a matrícula para as escolas deportivas de inverno en Ribadeo até o 30 de setembro

O prazo para matricularse nas escolas deportivas de inverno estará aberta até o 30 de setembro. As aulas están organizadas polo Concello de Ribadeo. Vanse impartir once modalidades.

A concelleira Mónica Freire explica que “o inicio das actividades da comezo entre esta semana e o 14 de outubro. E o fin das escolas está programado entre o 19 de maio e o 14 de xuño”.

A edil ribadense sinala que “este ano son once as modalidades deportivas ofertadas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica e tenis de mesa. As escolas deportivas de inverno están destinadas a nenas e nenos nados desde 2009 a 2018, ambos incluídos. Nas que teñen límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 3 de outubro, tendo preferencia ás empadroadas ou escolarizadas en Ribadeo”. A cota por escola deportiva será de 60 euros.

Freire Rancaño anima “ás nenas e aos nenos de Ribadeo a participar nas escolas deportivas de inverno”. No acto de presentación da escolas deportivas de inverno participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira Mónica Freire e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here