IniciosociedadeO Concello cre que a achega da Xunta para arranxar o Pepe...

O Concello cre que a achega da Xunta para arranxar o Pepe Barrera “podía e debía” ser máis cuantiosa

As administracións local e autonómica asinaron o convenio polo que o Executivo galego destinará 46.000 euros á remodelación do campo de fútbol

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia asinaron este martes un convenio de colaboración para o financiamento das obras de remodelación do campo de xogo do estadio municipal Pepe Barrera

Foi Pablo Vizoso, como alcalde en funcións, o encargado de asinar o convenio xunto ao secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete. Ambos visitaron este mediodía as instalacións.

Vizoso agradeceu á Xunta a achega económica, que supón o 10% do montante total das obras, arredor de 46.000 euros. Con todo, o primeiro edil lembrou que a Deputación investirá 150.000 euros e o Concello 220.000 euros.

O alcalde en funcións considerou que “esta cantidade podía e debía ser máis elevada, sobre todo tendo en conta as circunstancias específicas do caso e que se trata dunha administración de carácter superior e que precisamente ostenta as competencias en materia deportiva, sobre todo en promoción do deporte”, afirmou.

Vizoso subliñou que “en calquera caso, insisto unha vez máis, que queremos agradecer á Xunta a súa achega e a súa colaboración e desexamos seguir colaborando dunha maneira moi estreita en novos convenios polo futuro e polo ben de Ribadeo”.

“LISTO” A “PRINCIPIOS DO 2020”, SEGUNDO O CONCELLO

Pola súa banda o edil de deportes, Jorge Díaz, subliñou que as obras no Pepe Barrera, licitadas no pasado mes de maio, “marchan a bo ritmo e que a previsión é que estean rematadas a principios do vindeiro ano 2020”.

CANTARRANA RECIBIRÁ A MESMA AXUDA

A Xunta destinará outros 46.000 euros á mellora da iluminación no campo de fútbol de Cantarrana, en Viveiro, sede habitual do Viveiro CF.

ÚLTIMAS

Morre tras chocar contra un poste e outro coche en Viveiro

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar...

Obras de mellora e construción dunha nova canalización de augas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo mellora a rúa Manuela Barreiro e constrúe unha nova canalización...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro...

35 aniversario de ACISA Ribadeo, sempre medrando xuntos

José Pérez, xerente de ACISA Ribadeo Acisa Ribadeo cumpre 35 anos traballando co mesmo obxectivo,...