IniciosociedadeA Deputación consigna os 140.000 euros para o Pepe Barrera

A Deputación consigna os 140.000 euros para o Pepe Barrera

A polémica polo financiamento do arranxo do campo ribadense chegou ao pleno provincial, que aprobou unha moción esixindo máis fondos á Xunta de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O arranxo do campo de fútbol Pepe Barrera de Ribadeo chegou este martes ao pleno da Deputacion de Lugo. Cos votos a favor do PSdeG e a abstención do PP, o executivo  sacou adiante unha proposta que incrementa en 1,6 millóns de euros os orzamentos de 2019, incorporando os remanentes do pasado exercicio. 140.000 euros destinaranse as obras de rehabilitación da instalación deportiva.

O goberno provincial habilitou así a partida comprometida para financiar os traballos de mellora do estadio.

O pasado 12 de marzo,  a Deputación e o Concello acordaron dispoñer 140.000 euros por administración para acometer o proxecto, que requerirá un investimento de 420.000 euros. As dúas entidades esixiron unha achega pola mesma contía á Xunta de Galicia, que negouse para destinar 46.000 euros.

MOCIÓN DIRIXIDA Á XUNTA

Nesa liña, o pleno provincial tamén aprobou unha moción coa que solicita ao Goberno galego este incremento dos fondos. Os socialistas consideran que a administración autonómica debe asumir a parte alicuota do investimento xa que, argumentaron, conta con “moitos máis recursos” e ten as competencias na materia.

O pleno provincial aprobou unha moción solicitando á Xunta máis fondos para o campo

O deputado de Deportes, Pablo Rivera, cualificou o ofrecemento da Xunta como unha “esmola” e acusou ao goberno autonómico de non cumprir os anuncios de investimentos en infraestruturas deportivas na provincia.

O Partido Popular (PP), que votou en contra da proposta, contrapuxo unha emenda na que instou á Deputacion e ao Concello a incrementaren os seus investimentos ata os 187.000 euros.

O deputado Carlos Armesto argumentou que a Xunta “tomou a iniciativa” para reformar o campo incluíndo unha partida para “unha instalación que non é dela” nuns “orzamentos xa aprobados”.

O PP urxiu ao Concello de Ribadeo a formalizar o convenio coa Xunta para comezar as obras en maio

Os populares urxiron ao goberno ribadense a formalizar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para “comezar as reformas en maio”.

350.000 EUROS NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

No último pleno, tras o acordo coa Deputación, o Concello de Ribadeo consignou 350.000 euros para a licitación das obras que inclúen a renovación do céspede e actuacións nas gradas e nos vestiarios.

O goberno local obtivo o apoio da corporación para realizar a modificación orzamentaria e reservar o crédito para que as obras “poidan ser unha realidade no verán”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...