Home Oriental Ribadeo Curso de xardinería na Escola de Vilaframil en Ribadeo dentro do Plan de Formación no Rural

Curso de xardinería na Escola de Vilaframil en Ribadeo dentro do Plan de Formación no Rural

0
Curso de xardinería na Escola de Vilaframil en Ribadeo dentro do Plan de Formación no Rural

Segue o Plan de Formación no Rural do Concello de Ribadeo coa celebración esta tarde do curso de xardinería na escola de Vilaframil.

As 15 persoas inscritas aprenden de deseño de xardíns, sistemas de rego, especies de plantas e arbustos, abonos… O curso deu comezo ás catro da tarde e rematará ás oito. Está a ser impartido por Iván Prado.

Ata a escola de Vilaframil se desprazaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente e Obras, Jorge Díaz e Mónica Freire.

Este curso, ao igual que o de cestería da fin de semana pasada, forman parte do Plan de Formación no Rural do Concello de Ribadeo, que deu comezo o ano pasado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here