InicioOrientalTrabadaTrabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora da eficiencia enerxética do CEIP Plurilingüe Celso Currás de Trabada.

As actuacións que o concello pretende levar a cabo teñen como obxectivo “a renovación completa das cubertas do centro cun novo sistema de cobertura da base de paneis sándwich con illamento, así a execución de todos os traballos auxiliares necesarios para levar para a correcta execución dos mesmos, como a substitución de canalóns e baixantes”, explica o alcalde, Rubén García. O importe deste proxecto ascende a 149.091,19 euros.

A convocatoria de axudas á que se presentou o concello inclúe a mellora da envolvente térmica de edificios e infraestruturas municipais, os illamentos en cubertas e fachadas, ademais da mellora da eficiencia enerxética nos centros educativos de Galicia.

“Agardamos que a Xunta de Galicia concédanos esta subvención para mellorar ou noso colexio”, engade o alcalde, “dando resposta ás demandas da comunidade educativa”.

Con respecto a este tema, xa o pasado mes de outubro, a entón alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, trasladoulle ao conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez, “unha demanda da comunidade educativa de Trabada, xa que o inmoble que alberga o CEIP Celso Currás precisa dunha rehabilitación integral que mellore a súa eficiencia enerxética”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Rescatan unha muller que caeu por un cantil en Foz

Efectivos dos Bombeiros de Barreiros rescataron na tarde deste xoves unha muller que caeu...