Home Oriental Trabada Trabada declara que informou o día 17 deste mes coa aplicación “Trabada Informa” do servizo “Coidados Porta a Porta”

Trabada declara que informou o día 17 deste mes coa aplicación “Trabada Informa” do servizo “Coidados Porta a Porta”

0
Trabada declara que informou o día 17 deste mes coa aplicación “Trabada Informa” do servizo “Coidados Porta a Porta”
Mayra García, alcaldesa de Trabada. AXM

O Concello de Trabada quere aclarar que informou á veciñanza o día 17 de novembro do servizo ‘Coidados Porta a Porta’, que estará no municipio mañá, o xoves e o venres.

“Desde o día 17, os veciños están informados a través da aplicación de información municipal ‘Trabada Informa’ e tamén a través de Servizos Sociais, porque o que queremos precisamente desde o concello é que toda a veciñanza teña acceso ás citas”, afirma a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

O goberno local quere deixar claro este punto ante as declaracións do portavoz do PP de Trabada, nas que aseguraba que o concello non informaba do servizo as veciños. De feito, o concello púxose tamén a disposición da empresa adxudicataria para facer unha charla informativa mañá, mercores 23, ás 13:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. Polo tanto, queda acreditada a vontade municipal de colaboración.

“Nós valoramos o servizo, por iso queremos que sexa permanente e non por un tempo limitado, tal e como está contratado. E pretendemos que sexa un servizo que chegue a toda a veciñanza, por iso pretendíamos xestionar as citas dende Servizos Sociais, poñendo a disposición o transporte gratuíto aos veciños con dificultades para desprazarse, pero non nos permitiron; sen embargo, permítenllo aos concelleiros do PP”, engade García Bermúdez.

A alcadesa considera “moi preocupantes estes feitos, que os concelleiros do PP recoñeceron. Como é posible que a Xunta de Galicia permita isto, que se xestione un servizo público dun xeito totalmente partidista”, lamenta García Bermúdez.

Aquí o que faltan son explicacións por parte da Xunta e do seu presidente, Alfonso Rueda, xa que o PP está utilizando de forma irregular un servizo público, pois con estes feitos queda constatado que o goberno galego non está ao servizo das galegas e dos galegos, se non do Partido Popular”, engade.

En palabras da alcaldesa de Trabada, “o programa Porta a Porta supón un dispendio de diñeiro público, costa máis o aluguer dos camións (tal e como se recolle na memoria de contrato supera os 4 millóns de euros para os 20 meses de duración do contrato) que o persoal adscrito ao servizo, cando podería facerse perfectamente nos centros de saúde ou en inmobles municipais, así como establecer o servizo de forma permanente e non cunha data de caducidade”.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here