O Resurrectión Fest comeza a preparar a súa edición para o ano 2022 ca presentación do cartel. Ademais, tamén recordan que esta edición pasará de catro a cinco días. “O Resurrectión Fest contará cun día completo extra que será gratis para todo o mundo que tiña un abono de 3 ou 4 días como premio por gardas as súas entradas tanto tempo e confiar en nós”, destacan nun comunicado.
O xoves 8 de xullo presentaron o cartel da próxima edición, onde poñen de manifesto que a maioría das bandas seguen no cartel. Destaca a presencia de Avenged Sevenfold, xa que é a única data que ten en España no 2022 e unha das poucas en Europa e tamén Judas Priest que celebrará os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal.
De todas formas dende o festival recalcan que tamén estarán presentes case todos os artistas nacionais do ano pasado e algunha nova incorporación para “deixar así un cartel increíble tras dous anos de ausencia”.
As entradas que foron gardadas o ano pasaro serán válidas para a edición do 2022. Ademáis o luns 12 de xullo ás 12:00 horas sacaránse novos abonos.