InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa agardan reactivar as cubas antes do 2024

Os traballadores de Alcoa agardan reactivar as cubas antes do 2024

 "En Europa facemos as cousas ao revés e, sobre todo en España, no tema enerxético", di o presidente do comité de empresa.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, mostrouse esperanzado en que se poidan reactivar as cubas, máis de 500, antes do pactado coa multinacional, o 1 de xaneiro de 2024. Unha confianza que expresaba tras coñecerse os resultados dos beneficios millonarios da compañía americana do aluminio. “Non sabemos se se van reabrir as cubas antes de tempo, aínda que esperamos que si”, afirma José Antonio Zan, que volve apelar á necesidade de que se fagan parques de enerxías renovables.

Con todo, deixou claro que “o máis importante é ter un marco enerxético para que, unha vez que se faga ese rearranque, permita estar a producir durante moitos anos de forma competitiva”. “Para iso necesitamos o apoio da Xunta e do Goberno de España na validación deses parques enerxéticos, sobre todo de enerxía eólica e fotovoltaica“, asegurou.

En canto aos beneficios millonarios de Alcoa, Zan destacou que “os datos o que demostran é que no resto de continentes, noutros países, están a facer cousas moi distintas a Europa e España, e apostan pola industria e unha enerxía barata para poder sostela”. “En Europa facemos as cousas ao revés e, sobre todo en España, no tema enerxético”, agrega.

“Estamos a facer as cousas moi distintas a como o fan en Australia ou Brasil. Necesitamos enerxía a bo prezo e para iso necesitamos os parques de renovables”, reflexionado.

PRÓXIMA REUNIÓN

Paralelamente, José Antonio Zan confirmou que a próxima reunión de seguimento do acordo con Alcoa celebrarase en Madrid o día 3 de maio.

Do encontro, adianta, esperan “contar con algún acordo bastante avanzado sobre os parques de enerxías renovables” para a comarca da Mariña. “Greenalia e Capital Energy teñen como prazo ata o 20 de maio acordado con Alcoa para acabar de pechar eses acordos. E por parte de Endesa sería ata o 30 de xuño, xa que foi a última en sumarse aos acordos (para os parques de enerxía renovable)”, puntualizou.

Advirte que “os próximos parques de enerxías renovables deben estar validados pola Xunta e o Goberno e esa é a fórmula para manter un sector estratéxico e fundamental como é o aluminio que funcione neste país en base ás renovables”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...