Os afectados polo eólico de Sasdónigas barallan acudir á vía xudicial

Os titulares dunha trintena de parcelas pensan en acudir á xustiza despois de que esta semana volvese supenderse o levantamento de actas de ocupación

Maquinaria no entorno dos terreos nos que se autorizou o parque. AXM

A veciñanza afectada polas expropiacións dos terreos para a segunda fase do eólico das Sasdónigas baralla “entablar un litixio xudicial” contra Norvento.

Os titulares dunha trintena de parcelas manifestaron a súa “vontade” de acudir a esta vía despois de que esta semana, como sucedera a comezos de mes, tampouco se completase a tramitación das actas de ocupación dos predios.

Os propietarios insisten nas “irregularidades” do procedemento e quéixanse da “indefensión” ante a compañía eólica.”Non sabemos onde acaba a empresa e onde empeza a administración”,  denunciou Chelo Fernandéz, asesora de parte dos propietarios enfrontados á empresa lucense.

“Ninguén ten ganas de conflito pero tampouco podemos permitir que pasen por riba de nos”, explica con respecto á posición dos titulares dunha trintena de parcelas que non chegaron a un acordo coa empresa.

“INDIGNACIÓN” ENTRE OS AFECTADOS

Nas últimas semanas, os propietarios denunciaron “prezos míseros” polos terreos -unha media de menos de dous céntimos por metro cadrado ao ano- e “cláusulas abusivas e intolerables” nos contratos, como a posibilidade de hipotecar o ben ocupado ou o dereito de retracto da empresa en caso de venda.

“Norvento entra a tratar cos propietarios do solo pero non ensina nin permite estudar os contratos ata que se teñen asinados. Incluso, poñen a desculpa de que ten que ser asinado tamén por un representante da beneficiaria que non está nese momento, e polo tanto non se lle entrega unha copia ó titular da parcela, a pesar de ter xa o seu obxectivo conseguido”, sosteñen.

PATRIMONIO PÚBLICO

A veciñanza tamén denuncia “atentados contra o patrimonio cultural, ecolóxicos e medioambientais. Tapan fontes nas que bebe o gando durante todo o ano. Rompen o leito de turbeira existente. Tiran paredes de peches de fincas que forman parte da paisaxe e da fisonomía do territorio”, apuntan.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here