InicioDeportesProxectan habilitar unha área de escalada ao aire libre en Mondoñedo

Proxectan habilitar unha área de escalada ao aire libre en Mondoñedo

A Federación Galega de Montañismo presentará ao Concello unha memoria con posibles ubicacións e un estudo sobre o seu impacto económico

Publicada o

- Advertisement -

A Federación Galega de Montañismo estudará emprazamentos para habilitar unha área de escalada en Mondoñedo.

As posibles ubicacións recolleranse nunha memoria sobre as condicións do municipio para practicar esta modalidade deportiva e o impacto potencia destas actividades na economía local.

O acordo tomouse nun encontro de traballo que mantiveron o vicepresidente da entidade, Nacho Jorge, o técnico da Escola Galega de Alta Montaña (Egam), Kiko Jordá, e a alcaldesa, a popular Elena Candia.

Jorge explicou que o municipio conta con zonas de “especial beleza”, que poderían acondicionarse para o uso dos afeccionados a este deporte. A intención sería “acotar o espazo, indicalo e crear unha normativa de uso”, precisou.

O Concello prestaría a súa colaboración para limpar de maleza os sitios elixidos e adecuar sendeiros. “Hai moita xente que durante a semana se exercita nos rocódromos e que a fin de semana prefire saír á natureza”, comentou.

O Penedo de Galo, en Viveiro, ou o monte da Frouxeira, en Foz, son os lugares aos que habitualmente acuden os escaladores na Mariña Lucense.

TURISMO ACTIVO

Candia enmarcou a o encontro na “aposta do goberno local polo turismo activo como un modo de poñer en valor os recursos da natureza e dinamizar economicamente a zona”.

Neste senso, apuntou que “xa o está facendo a través das rutas de sendeirismo ou coas visitas á Cova do Rei Cintolo“.

TOXIZA GRAN TRAIL

Precisamente, Mondoñedo acollerá esta fin de semana a quinta edición do Toxiza Gran Trail, con tres probas de montaña. O programa arrancará o venres cun carreira noctura na que os participantes tentarán coroar a Pena da Roca no menor tempo posible.

O sábado celebrarase unha andaina solidaria na que se realizará un percorrido de catro quilómetros polas rúas e arredores da cidade. O recadado coas inscricións destinarase a Asociación de afectados polo Síndrome de Fires.

O domingo será a proba estrela, unha carreira de montaña con tres opcións diferentes de distancia -14, 21 e 42 quilómetros- e desnivel. Os corredores e corredoras subirán ata o Pico Toxiza por pistas e sendeiros, percorrendo lugares como a Fraga Vella.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...