A ONCE presentará o luns en Burela un cupón dedicado ao polbo

A organización venderá 5 millóns e medio de boletos para o sorteo do martes 16 de xullo cos que pretende promover o consumo desta especie

Cupón dedicado ao polbo. AXM

Burela acollerá o vindeiro luns a presentación dun cupón da ONCE dedicado ao polbo.  O deseño difundirase nun acto que se celebrará na sede da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo (12:00 horas).

A ONCE porá á venda 5 millóns e medio de boletos, que serán sorteados o vindeiro martes 16 de xullo.

PROMOVER O CONSUMO DE PESCADO

Os cupóns coa imaxe do polbo son parte dunha serie monográfica dedicada a especies mariñas da frota artesanal que pretende promover o consumo de pescado.

A campaña, froito dun acordo entre a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, inclúe tamén a promoción de atún vermello, sardiña e sama de pluma.

PRESENTACIÓN

O presidente da entidade e Patrón Maior de Burela, Basilio Otero, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, presentarán o boleto nun acto en que tamén participarán a directora da ONCE en Lugo, Eva Lorente, o alcalde de Burela, Alfredo Llano e o delegado provincial da Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here