IniciosociedadeOs concellos da Mariña perciben 53.613 euros do Estado para a loita...

Os concellos da Mariña perciben 53.613 euros do Estado para a loita contra a violencia de xénero

A Subdelegación do Goberno en Lugo subliñou que estas políticas son unha "prioridade absoluta" para o executivo español

Publicada o

- Advertisement -

Os concellos da Mariña reciben un total de 53.613,12 euros do Estado para a loita contra a violencia de xénero.

A Delegación do Goberno en Galicia ofreceu os datos dos fondos destinados aos municipios galegos, entre os que se reparte 1.054.944 euros (152.225,31 os da provincia de Lugo) en 2019.

DISTRIBUCIÓN DOS FONDOS

As maiorías contías corresponden a Ribadeo, con 17.838,23 euros, e Burela, con 17.759,39 euros.

O resto dos fondos distribúense como segue: Alfoz recibe 1.009,76 euros; Cervo, 1.458,32; Foz, 2.476,58; Lourenzá, 1.089,32; Mondoñedo, 1.358,96; Ourol, 871,88; A Pontenova, 1.108,40; Riotorto, 920,84; Trabada, 890,06; O Valadouro, 1.049,36; O Vicedo, 1.003,46Viveiro3.448; e Xove, 1.290,56.

CRITERIOS DE REPARTO

Os municipios perciben unha cantidade fixa de 689 euros e outra variable, en función da poboación, de 0,18 euros por habitante.

Ribadeo, Burela e Viveiro, adscritos ao Sistema de Seguimiento Integral de Violencia de Género (Viogen), perciben fondos a maiores para que as policías locais reforcen o persoal dos corpos e forzas de seguridade do Estado na protección das vítimas. O concello viveirense sumouse en febreiro deste ano.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou  que “a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade absoluta para o Goberno”.

Neste senso,  recordou a decisión de devolver aos concellos as competencias nesta materia na que, subliñou “a proximidade coas vítimas é fundamental”.

PRIORIDADES EN GALICIA

Entre as liñas de traballo establecidas para Galicia, remárcanse como prioridades “a constitución ou reactivación das mesas locais de coordinación institucional” e a “participación das policías locais, en coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado, na protección das vítimas”.

Foz e Mondoñedo son os únicos concellos da Mariña con corpos locais que, polo momento,  non se adscribiron ao programa Viogen.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...