IniciosociedadeO lobo mariño Silbur, atopado en Burela, está fóra de perigo e...

O lobo mariño Silbur, atopado en Burela, está fóra de perigo e á espera da súa solta en alta mar

O animal, de 110 centímetros de lonxitude e 27 quilos de peso, foi atopado o pasado 21 de xaneiro no porto burelao con síntomas de deshidratación e con varios traumatismos

Publicada o

- Advertisement -

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar, acolle desde este venres ao exemplar de lobo mariño cinsento ‘Silbur’ para a súa recuperación. Esta acción forma parte da colaboración que vén mantendo desde o ano 2003 a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), para a recuperación dos mamíferos mariños que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos.

O animal, de 110 centímetros de lonxitude e 27 quilos de peso, foi atopado o pasado 21 de xaneiro no porto de Burela con síntomas de deshidratación e con varios traumatismos. Ademais, negábase a volver ao mar, polo que foi trasladado á Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de lobos mariños do establecemento veterinario que a Cemma ten en Nigrán.

A súa evolución foi favorable, o que lle permitiu gañar peso e quedar fóra de perigo, polo que superou a primeira fase da recuperación e se procedeu a trasladalo ao Igafa para superar a segunda fase, a previa á súa liberación.

FORMACIÓN

Deste xeito, Silbur permanecerá varias semanas nun tanque exterior de gran tamaño do Igafa e posteriormente será embarcado para a súa solta en alta mar. A manutención e a atención sanitaria do mamífero corresponderalle á Cemma, que contará coa participación voluntaria do alumnado e demais persoal do centro dependente da Consellería do Mar. De feito, a estadía deste exemplar de lobo mariño aproveitarase para formar aos estudantes en aspectos relacionados co coidado dos mamíferos mariños.

Cabe lembrar que o Igafa xa ten participado na recuperación de nove exemplares de crías de lobos mariños nos anos 2013, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2019. Estas colaboracións serven como actividade didáctica para a concienciación medioambiental e de adquisición de coñecementos para o mantemento e a recuperación de especies mariñas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...