IniciosociedadeSuspendidas as clases nos centros educativos a partir do luns 16 debido...

Suspendidas as clases nos centros educativos a partir do luns 16 debido ao coronavirus

A suspensión durará alomenos 14 días e Feijóo recomenda non levar as crianzas ás aulas o vindeiro venres; a muller do veciño de Foz afectado é o segundo positivo da provincia

Publicada o

- Advertisement -

As clases de todos os centros educativos de Galicia quedan suspendidas a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, e durante os seguintes 14 días, por mor do coronavirus.

Esta medida foi acordada polo Consello da Xunta nunha reunión mantida este xoves co obxectivo de conter a propagación da enfermidade.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, explicou que a suspensión de clases entrará en vigor a vindeira semana, pero deixou aberta a opción de que o alumnado tampouco acuda mañá ás aulas, “se é posible”.

35 POSITIVOS EN GALICIA MÁIS 28 POR CONFIRMAR

Segundo datos da Xunta ofrecidos na mañá deste xoves, os positivos en Galicia son 35 e os casos pendentes de confirmación son 28.

A muller do veciño de Foz afectado por coronavirus, que segue illado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), deu positivo na segunda análise, analizada no Centro Nacional de Microbioloxía. Permanece illada no seu domicilio.

Sete traballadores do Hospital Público da Mariña seguirán nos seus domicilios despois de atender ao primeiro afectado, nun illamento que durará alomenos 14 días.

PECHE DOS CENTROS DE MAIORES

Ademais, a Xunta decretou o peche dos centros comunitarios dende este venres e acordou medidas para o funcionariado, cun protocolo que recolle a promoción do teletraballo, a flexibilidade horaria e a reorganización de quendas laborais.

En xeral, pídese que se cumpra a limitación de non celebrar actos con máis de 50 persoas en espazos pechados.

SUSPENSIÓN DA PRECAMPAÑA

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular (PP) de Galicia tamén anunciou que o seu partido decidiu suspender a súa precampaña electoral ata o luns. O BNG xa confirmou que tamén anula todos os actos de precampaña previstos para esta fin de semana.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...