IniciosociedadeReconto do mércores: 17 casos na provincia e Galicia acumula unha semana...

Reconto do mércores: 17 casos na provincia e Galicia acumula unha semana sen falecementos

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña e tampouco se documentan casos nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue en descenso. Segundo o reconto oficial ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) documéntanse 17 positivos, dous menos ca onte.

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña. Os únicos dous hospitalizados na provincia a causa da pandemia, cifra que non varía, permanecen en plantas do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Outros 15 pacientes -dous menos ca onte- son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 28 falecementos por mor do coronavirus, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima que faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 919 altas.

A nivel galego, documéntanse 341 casos. Galicia leva unha semana sen documentar novas mortes pola pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...