Unha nena, atropelada por un ciclista en Foz

A menor, cun forte golpe na cabeza, foi trasladada a un centro sanitario

Foz. AXM

Unha nena resultou ferida despois de ser atropelada por un ciclista a última hora da tarde deste mércores en Foz.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 20.30 horas o servizo de emerxencias tivo coñecemento deste accidente rexistrado en Foz, onde un ciclista atropelou a unha menor, que “sufriu un forte golpe na cabeza”, indicaron as mesmas fontes.

Deste xeito, por parte do 112 Galicia pasouse aviso aos profesionais sanitarios de Urxencias-061 para o traslado da ferida a un centro sanitario.

Ademais, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil desta localidade lucense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here