Falece no Hospital da Mariña unha usuaria do asilo de Ribadeo diagnosticada de coronavirus

A vítima, de 83 anos, súmase ás outras oito mortes que comunicou o Sergas no día de hoxe.

Hospital Asilo de Ribadeo. GOOGLE MAPS

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de comunicar o falecemento no Hospital da Mariña dunha muller de 83 anos que fora diagnosticada de coronavirus. A octoxenaria era usuaria do asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo.

Sanidade informou da morte doutras oito persoas no día de hoxe, unha delas no Hospital de Monforte. Así pois, a área sanitaria xa alcanza as 160 vítimas mortais pola pandemia.

Tres das nove mortes rexistráronse na área de Vigo: unha muller de 83 anos e dous homes de 59 e 84. Todos eles finaron no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Outras dúas vítimas faleceron no Hospital de Ferrol (CHUF). Tratábase dun home de 75 anos e outro de 86.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here