A ministra Reyes Maroto recibirá ao comité de empresa de Alcoa

"Non podemos perder o obxectivo principal que todos temos, que é manter eses postos de traballo", di o delegado do Goberno en Galicia.

Maroto, con membros do comité de empresa de Alcoa A Coruña nunha xuntanza anterior á pandemia da Covid / AXM

ministra de Industria, Reyes Maroto, recibirá o comité de empresa de Alcoa en Cervo “en breve”, segundo afirmou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen reiterou a súa petición á empresa de que ou ben execute un “proxecto real que manteña os postos de traballo” na Mariña “ou ben venda e permita que outra empresa entre para darlle esa necesidade de continuidade”.

Así se pronunciou Miñones este martes para explicar a postura do Executivo respecto da venda das instalacións de Alcoa en San Cibrao. A SEPI (Sociedade estatal de participacións industriais), dixo, “vai seguir axudando e pivotando neste proceso de venda”.

“Non podemos perder o obxectivo principal que todos temos, que é manter eses postos de traballo. Aquí o que ten a responsabilidade directa é a empresa”, subliñou. O delegado do Goberno defendeu que “durante todo este tempo o Ministerio de Industria estivo ao carón dos traballadores” e apelou a “seguir traballando e deixando traballar”, pois “sobre a mesa, cun esforzo enorme, está esa nova convocatoria de ofertas de seis empresas interesadas“.

Ademais, insistiu en que a multinacional debe ver o que pasou na Coruña e Avilés, onde recibiu unha sentenza condenatoria da Audiencia Nacional por un conflito colectivo que impulsaron os sindicatos. “Sabe que esa non pode ser a solución para Alcoa San Cibrao”, terminou José Miñones.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here