O PPdG confirma que o servizo de radioloxía do hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria

A deputa autonímca, Encarna Amigo, desminte que houbera un desmantelamento do Sergas deste servizo, tal como confirmou o PSdG fai unhas semanas.


A deputada autonómica e voceira de Sanidade do PPdeG no Parlamento de Galicia, Encarna Amigo, confirmou que o servizo de Radioloxía do hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada, de tal xeito que os doentes desta comarca nunca tiveron que desprazarse a ningún outro hospital para a realización de probas de diagnose, salvo a mulleres do plan de cribado do cancro de mama que, despois de facer a mamografía na Mariña, e sempre por indicación do propio sistema, precisan unha terceira proba específica e dirixida que debe realizarse no Hula.

Desta forma a popular desmontou “as falsidades” esgrimidas polos socialistas respecto deste asunto nos últimos días, pois dende a dirección do centro, explicou, “tomáronse as medidas pertinentes para garantir a prestación deste servizo que conta na actualidade con 3 radiólogos”.

FALTA DE RADIÓLOGOS, NON DESMANTELAMENTO DO SERGAS

A plantilla do hospital da Mariña é de 5 especialistas en Radioloxía. O motivo da ausencia dos dous facultativos é a falta de profesionais. “Non hai radiólogos dispoñibles”, precisou a deputada autonómica. Con todo, dende que se produciron as vacantes, o Sergas ofertou de xeito inmediato as dúas prazas de forma continuada.

Nos últimos dous meses, desenvolveuse unha oferta pública destas dúas prazas para a súa cobertura e interinidade; unha das convocatorias quedou deserta e, a segunda, está na actualidade en fase de resolución. Mentras, destaca Amigo, “o servizo nunca se viu mermado na atención aos doentes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here