IniciosociedadeBaixa a incidencia da Covid na Pontenova e Burela pero mantense alta...

Baixa a incidencia da Covid na Pontenova e Burela pero mantense alta en concellos da costa

Hai unha persoa ingresada no Hospital da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Burela e A Pontenova conseguen frear a incidencia da Covid e non teñen novos casos desde a última semana, a pesar do que acontece en Ribadeo, Foz, Cervo,  Xove, Viveiro e Lourenzá nos que se rexistraron entre un 1 e 9 casos nos acumulados da última semana segundo os datos do Consellería de Sanidade. A peor situación está en Lourenzá que ten 250 casos por 100.000 habitantes, mentres que no resto destes concellos a situación varía entre os 10 casos e os 125 por 100.000 habitantes.

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 500 ata os 559 e os casos activos repuntan a 3.670, polo que se sitúan a nivel de finais de agosto do ano pasado, mentres que a taxa de positividade chega ao 6,5% e os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 60 –dous máis–, deles dez permanecen en UCI.

Concretamente na área de Lugo, a presión hospitalaria mantense, cun paciente en UCI e catro noutras unidades. Con todo, as infeccións activas ascenden de forma acusada nun total de 43, ata os 395 casos rexistrados. Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, foron confirmados 61 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica).

En canto á taxa de positividade das PCR en Galicia disparouse a un 6,5 por cento tras manterse nun 5,8% nas dúas xornadas anteriores despois de iniciar a semana nun 3,6% e reducirse a un 2,7% o martes. Por iso, segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia non superaba desde o 15 de febreiro (fíxoo nos datos do xoves 1 de xullo, pero a taxa foi recalculada posteriormente).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...