Menos do 50% da poboación de entre 18 e 30 anos acudiu aos cribados da Mariña

As probas, que se realizaron en Foz, Ribadeo e Viveiro deron como resultado 11, 14 e 16 positivos respectivamente.

Probas PCR . EFE/ELISEO TRIGO

A pasada fin de semana realizáronse tres cribados en diferentes concellos da Mariña entre a poboación de entre 18 e 30 anos para detectar novos casos de Covid pero os resultados non foron moi positivos.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade este martes, 27 de xullo en ningún dos concellos se superou o umbral do 50% de participación. A pesar diso, si que se detectaron varios positivos entre os participantes.

En Foz estaban citadas 833 persoas e acudiron o 41,3%. O cribado deu como resultado 11 positivos. En Ribadeo estaban citados 834 persoas e acudiron o 49,7%, con 14 positivos e en Viveiro estaban citadas 1.705 persoas das que acudiron o 40,3%, con 16 positivos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here