O alcalde de Alfoz atribúe os danos das escavadoras sobre o castro a un problema de localización

O rexedor explica que non houbo "mala intención" por parte dos propietarios dos montes, xa que a zona non estaba protexida.

Agresión por unha plantación de eucaliptos na Croa de Montoxo, en Alfoz / Mariña Patrimonio - Adega

O alcalde de Alfoz, Jorge Val, atribuíu os danos provocados nos últimos días ao Castro de Croa de Montoxo, situado no seu municipio, a que se atopa “mal xeolocalizado”. De feito, isto provocou que entidades como a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e Mariña Patrimonio presentasen unha denuncia ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta pola deterioración ocasionada por unha plantación de eucaliptos neste xacemento arqueolóxico.

En concreto, alertaban a través dun comunicado de que, durante uns traballos forestais de curta e replantación de eucaliptos, abríronse novas pistas para o paso de maquinaria que afectaron “gravemente” a este castro. Neste contexto, o alcalde anunciou que fará unha visita ao lugar “para comprobar in situ o que se fixo alí e falar con Patrimonio, para que se geolocalice ben o castro”. E é que, segundo xustifica, “onde estiveron a facer os traballos non está marcada como zona de afectación”.

Ademais, desculpou que os propietarios dos montes “non o fixeron con mala intención, non sabían que aquilo estaba afectado por Patrimonio e non sabían que (o castro) estaba aí”. “Había noticias que había aí (en Montoxo) un castro que estaba catalogado pero que non estaba ben xeolocalizado“, explicou.

“É difícil que os maderistas e os propietarios dos montes que saiban iso. De feito viñeron preguntar aquí (ao Concello) e díxoselles que non estaban afectados aqueles montes onde realmente apareceron os restos”, concluíu o alcalde de Alfoz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here