InicioCentralAlfozTeatro familiar en Alfoz para aprender a reciclar o cartón

Teatro familiar en Alfoz para aprender a reciclar o cartón

Este espectáculo é un vehículo de valores como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia.

Publicada o

- Advertisement -

Dirixida a un público familiar e infantil a partir de catro anos.” Cartoóns” é unha peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas que ten como protagonistas a dous “clowns” (pallasos).

Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartóns, esa materia valiosa como é o cartón, que nós, inexplicablemente, tiramos ao lixo diariamente.

Desta maneira, o cartón serviralles para construír tubaxes de gas, cortinas nas xanelas, revisteros, bandexas, edredones, motos, parasol de praia, avións… en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

Este espectáculo é un vehículo de valores como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia. A arte poética de converter o refugallo en bens de uso, tamén incide nas tres famosas ” R” do ecoloxismo: reducir, reutilizar e reciclar.

NOVOS HORARIOS DA OFICINA TURÍSTICA

A Oficina de Información Turística, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá como ata o de agora de martes a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00) ata o 19 de setembro.
Nas mesmas horas abrirá o sábado 25 e o domingo 26. Desde o 27 de setembro ata o 30 de outubro permanecerá pechada ao público.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...