O Naseiro despunta na axenda da última fin de semana de agosto

O San Bartolo de Barreiros e a Feira do Libro ou o festival de música culta Bal y Gay de Foz fanse oco no programa cultural e festivo da comarca

Romería do Naseiro. AXM

O Naseiro converte Viveiro no epicentro da festa esta fin de semana na Mariña. A Romaxe do Bo Xantar despide de forma oficiosa o mes de agosto con comida e música á beira do Landro.

Programa do Naseiro. AXM

Noutros puntos da comarca, o San Bartolo é o pretexto para a festa.

BARREIROS

Unha das máis sonadas celébrase en Barreiros. As celebracións arrincaron o xoves pero sábado é o día grande. A partir das 13.00 horas serán a misa e maila procesión, seguidas da sesión vermú. A verbena noctura amenizarana as orquestras Ceniza e Tokio.

XOVE

En Xove, celébrase a tradicional Feria de San Bartolo de San Isidoro do Monte. O gando cabalar e vacuno locirá nos certames do evento, organizado pola comunidade de veciños Costa de Laxamoura en Penas Agudas.

FOZ

A Feira do Libro de Foz, decana da Mariña Lucense e a terceira máis antiga de Galicia enche a Praza do Conde Fontao tamén durante a fin de semana, con obras que se len e se escoitan.

O sábado ás 18.00 horas, Magín Blanco fará a presentación do libro disco A nena e o grilo, máis aló”. Ás 20.15, Fernando Redondo Neira presentará ‘Os amorodos de Bergman’, premio Ramón Piñeiro de ensaio. Podes consultar o programa completo aquí.

Fernando Redondo Neira presentará na Feira do Libro de Foz ‘Os amorodos de Bergman’, premio Ramón Piñeiro de ensaio. AXM

O domingo, ás 17.00 horas, o músico e titiriteiro Luis Vallecillo presentará o audiolibro “Cantamos?”.

Ademais, Foz é esta fin de semana escenario de referencia da música clásica co inicio do Festival Bal y Gay. 

O grupo de música barroca El Afecto Ilustrado inaugura o ciclo o sábado cun concerto na iglesia de Santiago ás 21.00 horas.

O domingo, será a quenda da pianista asturiana Noelia Rodiles que actuará no pazo de Fontao ás 21.00 horas.

Tampouco faltará o deporte, a ría de Foz acolle o domingo a 57 edición da súa Travesía Náutica, que aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.

BURELA

O Burela FS masculino fai a súa posta de longo este fin de semana no Torneo de fútbol sala Burela Bonita no que ademais dos laranxas, de volta á Primeira División, competirán Parrulo e Palma. Ademais da competición senior, celebrarase un triangular xuvenil.

 

RIBADEO

Ribadeo volve o sábado aos anos sesenta e setenta cun guateque organizado pola comisión do Entroido, que anima a acudir ao parque de San Francisco caracterizado para a ocasión. Ademais de música, haberá comida e bebida.

O domingo, o grupo I Colori dell´armonia ofrecerá un concerto de música antiga na igrexa parroquial ás 20.45 horas.

Ademais, nas Anzas, en Covelas, celebran a tradicional Festa da Malla.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here