IniciosociedadeO PPdeG pedirá que se manteña a venda presencial de billetes nas...

O PPdeG pedirá que se manteña a venda presencial de billetes nas estacións de Burela e Viveiro

Levarán ao Parlamento galego unha iniciativa para que o Goberno estatal rectifique sobre esta medida, que "incumpre o obxectivo de ofrecer servizos ferroviarios de calidade e proximidade"

Publicada o

- Advertisement -

Partido Popular (PP) presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para instar ao Goberno do Estado a que garanta o mantemento da venta presencial de billetes nas estacións de tren onde se suprimiu este servizo, entre elas Burela e Viveiro.

Así o anunciou o deputado do PP, Daniel Vega, que reclama ao Executivo estatal que rectifique a decisión de deixar sen este servizo a varias estacións ferroviarias de Galicia, tres na provincia de Lugo: ademais das dúas na Mariña Lucense, tamén se suprimirá a venta presencial de billetes en Sarria.

Vega sinala que “non se pode tolerar outro recorte aos cidadáns por parte do Goberno do PSOE”. É máis, o popular considera que “este servizo de venda de billetes de forma directa por parte do persoal que traballa nas estacións é fundamental para a pervivencia do transporte de viaxeiros por tren nas comarcas da provincia de Lugo e, especialmente, na da Mariña”.

O popular insiste en que “con esta Proposición Non de Lei (PNL), dende o grupo parlamentario popular de Galicia pretendemos que o Goberno garanta o servizo de venda presencial de billetes en todas as estacións ferroviarias lucenses: tanto nas que foi suprimido a comezos deste ano coma no resto das estacións da provincia”. Vega entende que a decisión de prescindir deste servizo afecta, principalmente, “ao rural“, porque “incumpre o obxectivo de ofrecer servizos ferroviarios de calidade e proximidade”.

As estacións afectadas polo recorte serían as seguintes: Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...