Un barco liberará nas augas do Gran Sol ao lobo mariño Silbur, atopado en Burela

O animal aparecera varado na costa no mes de xaneiro e tivera que recibir asistencia veterinaria, pois presentaba síntomas de deshidratación. Agora volverá ao seu hábitat natural grazas á colaboración do armador que realiza a viaxe.

O lobo mariño Silbur, que apareceu na costa de Burela , será liberado nas augas do Gran Sol | XUNTA

Un arrastreiro emprendeu unha viaxe cara ás augas do Gran Sol este sábado desde Vigo para liberar a Silbur, un lobo mariño que apareceu en Burela (Lugo) en xaneiro.

A embarcación partiu esta mañá do porto de Vigo nun operativo que supervisou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para “garantir a asistencia” do animal que apareceu varado na costa lucense con síntomas de deshidratación o pasado xaneiro.

Despois de recuperarse por completo, agora Silbur volverá ao seu hábitat natural. Devolvelo alí foi posible grazas á “colaboración desinteresada” do armador que realiza a viaxe e que o coidará ata que o solte nas augas do Gran Sol.

O caso de Silbur remóntase ao 21 de xaneiro, cando foi atopado no porto de Burela con síntomas de deshidratación, medía 110 centímetros e pesaba 27 quilogramos. Naquel momento negábase a volver ao mar e por ese motivo foi trasladado á UCI de lobos mariños do establecemento veterinario da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma).

Alí evolucionou de forma favorable, gañou peso ata os 33 quilogramos e despois de mellorar o seu estado foi trasladado a un tanque exterior do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), onde permaneceu varias semanas ata que se lle deu o alta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here