Falecido un home tras caer da súa lancha ao mar no Vicedo

O home foi trasladado no helicóptero ao Hospital de Burela, onde só se puido confirmar o seu falecemento.

Vistas á Abrela. AXM

Un home faleceu tras caer da súa lancha ao mar nas inmediacións de Abrela, no Vicedo, e ser evacuado en helicóptero ata o Hospital de Burela, onde se confirmou a súa morte. Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 16,00 horas deste domingo, cando un particular alertou de que observara unha embarcación co motor en marcha na que non se atopaba tripulación preto da zona de Abrela, no Vicedo.

Posteriormente, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso a Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca II. Mediante a aeronave rescatouse a un home que caera da embarcación preto da praia de Abrela. Así, o home foi trasladado no helicóptero ao Hospital de Burela, onde só se puido confirmar o seu falecemento.

Así mesmo, o centro de atención ás emerxencias trasladou o ocorrido á Policía Nacional, a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here