Unha gran alfombra floral cubrirá o centro de Burela a comezos de xuño

"A temática que abordaremos este ano mezcla dous conceptos como son o ano xacobeo e o mar", din desde a asociación Cultural Burela Floral.

Preparando unha alfombra floral en Burela / asociación Cultural Burela Floral

A asociación Cultural Burela Floral anuncia que este ano haerá alfombra floral no centro do concello. “Será un acto atípico a como solemos traballar, pero dadas as circunstancias que estamos a vivir, realizarase un solo debuxo na praza do concello de Burela“, apunta.

Os integrantes da asociación cubrirán a praza cun tapiz floral dunha superficie de 150 metros cadrados. Utilizarán materiais típicos como a viruta, as serraduras de madeira tinguidas, a flor e o sal e tamén incluirán algún que outro material “co que están a experimentar”.

“A temática que abordaremos este ano mezcla dous conceptos como son o ano xacobeo e o mar”, di a entidade nun comunicado. Lembra que Burela é un pobo con ampla tradición costeira, xa que por ela pasa o Camiño do Mar, un percorrido de 140km dende Ribadeo ata Neda donde se funde co camiño Inglés.

seleccionando flores e outros materiais paa a alfombra floral de Burela / asociación Cultural Burela Floral

“Dende o punto de vista artístico quixemos facer una referencia tanto ao mar coma o camiño, cunha visión metafórica da realidade que nos rodea”, indica. O sábado 5 de xuño comezarase pola mañá a confección na praza e alongarase ata acabar. Pode participar na confección toda aquela persoa que así o desexe, desde nenos a maiores, sempre cumprindo as normas sanitarias pertinentes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here