InicioCulturaNace 'Burela Inclusiva', un proxecto artístico para decorar o pobo

Nace ‘Burela Inclusiva’, un proxecto artístico para decorar o pobo

Dentro desta inicativa promóvese un obradoiro de artesanía con redes.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela vén de promover un proxecto de expresión artística para decorar o pobo e un obradoiro de artesanía con redes. A iniciativa, ‘Burela Inclusiva’, viu a luz este venres no acto de presentación de Tanza, un proxecto para revalorizar os residuos que quedan no mar. O encontro tivo lugar no campus de Ferrol.

Alí mesmo, a concelleira de Mar e Servizos Sociais, Carmela López, explicou que “o Concello en colaboración coa Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo queremos poñer en marcha un proxecto de expresión artística para decorar o pobo e un obradoiro de artesanía feito con redes”. Nel está implicado tamén a Fundación Eu Son, a Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña e a asociación A Mariña Sen Plástico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...