InicioCentralBurelaAs guerreiras laranxas, protagonistas dun vídeo do deporte feminino

As guerreiras laranxas, protagonistas dun vídeo do deporte feminino

As guerreiras laranxas visitaron Lugo para gravar un vídeo promocional do deporte feminino, co que tamén contribuirán á proxección turística da Muralla. Foron recibidas polo deputado Efrén Castro.

Publicada o

- Advertisement -

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS visitaron esta mañá a cidade de Lugo para a gravación dun vídeo promocional do deporte feminino, promovido pola área de Deportes da deputación. As “guerreiras laranxas” pasearon polo centro da cidade e polo adarve da Muralla, deténdose na zona da Mosqueira, onde se tomaron boa parte dos recursos para o audiovisual aproveitando a proxección internacional do club laranxa, recentemente recoñecido como o Mellor Equipo do Mundo de Fútbol Sala, para a promoción dun dos escenarios icónicos da cidade.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, aproveitou a visita para desexarlles sorte de cara aos play off polo título de Liga da Primeira División Feminina de Fútbol, que disputarán  do 12 ao 13 de xuño, cunha primeira eliminatoria ante o Roldán, e a posibilidade de xogar a final ante o gañador do emparellamento entre Futsi e Alcorcón.

As laranxas pelexarán pola cuarta liga de Primeira División Feminina desde o seu ascenso á elite na tempada 2009-2010 e  a segunda consecutiva tras levantaren o título a tempada pasada en Málaga. “Recoñecemos e valoramos enormemente o traballo que facedes, non só no deportivo, senón tamén no social,  poñendo o foco no deporte feminino de elite e servindo de referentes para moitas rapazas. Sabedes que tedes detrás a comarca da Mariña, pero estamos seguros de que tedes tamén o apoio do resto de provincia e de Galiza”, comentou Efrén Castro.

SUBVENCIÓNS

A área de Deportes ven de aprobar a convocatoria de subvencións de concorrencia non competitiva para clubs con equipos en ligas ou campionatos oficiais de 1ª e 2ª categoría absoluta estatal, cun orzamento total de 440.000 euros.

O Pescados Rubén Burela FS, con equipo masculino e feminino en Primeira División na tempada 2020-21, é, canda CV Emevé, Ensino, Peluquería Mixta Friol e Castro, unha das entidades beneficiarias desta liña de axudas que ten por finalidade o fomento e a promoción do deporte lucense no seu ámbito competitivo, e que complementa as liñas de apoio ao deporte base e afeccionado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...