InicioCentralBurelaOs socialistas denuncian o "desmantelamento" do hospital da Mariña

Os socialistas denuncian o “desmantelamento” do hospital da Mariña

Unha das consecuencias desta falla de facultativos é que un gran número de mulleres da Mariña están sendo derivadas cara ao Hula

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposición de non lei para aumentar o número de radiólogos no Hospital da Mariña, xa que hai cinco prazas de radioloxía pero só tres radiólogos. Na iniciativa, denuncian o “desmantelamento” deste hospital e lembran que é o centro de referencia da zona norte da provincia de Lugo e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes.

Unha das consecuencias desta falla de facultativos, tal e como xa denuncio a Plataforma Sanitaria da Mariña, é que un gran número de mulleres da Mariña que están sendo derivadas cara ao Hula se as mamografías do cribado do cancro de mama necesitan unha atención ou valoración especial. “Isto provoca moita inquedanza por ter que pasar por situacións complexas lonxe do hospital e dos profesionais de referencia”, expón o PSdeG.

Segundo o PSdeG a non cobertura destas prazas é “outra mostra do degradamento e do desmantelamento da sanidade pública na comarca da Mariña por parte da Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...