Burela presume xa de bandeiras azuis

O concello critica que o izado non fora feito en Ril “debido a falla de socorristas”.

Izado da bandeira azul en Burela / Faro Norte

Este mediodía foron izadas as bandeiras azuis nas praias de A Marosa e O Portelo, tal e como estaba previsto. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, e a concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben.

O distintivo non puido ser izado en Ril, “debido á falla de socorristas que sufrimos”, tal e como lembraba nas últimas horas o rexedor, que subliñaba que “haberá todos os servizos nas praias e procuraramos ter todo ben ordenado da mellor maneira posible”.

Tamén na mañá deste xoves se reuniu o comité de xestión das praias no que se abordaron cuestións como a situación sanitaria e tamén a falla de socorristas, “que é algo que se está a repetir nos últimos veráns”, criticou.

Do comité de xestión de praias forman parte o alcalde, os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo, o persoal técnico municipal responsable dos Servizos de Medio Ambiente, do Centro de Educación Ambiental Gaia, de Obras, de Protección Civil e da Policía Local, así un representante da empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria, limpeza de praias e xestión do punto limpo municipal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here