InicioCentralBurelaBurela presenta en Portos de Galicia cambios para a pesca deportiva no...

Burela presenta en Portos de Galicia cambios para a pesca deportiva no porto da localidade

A edil de Mar, Carmela López, acordou unha serie de puntos a remitir a Portos na xuntanza mantida cunha representación dos pescadores recreativos da vila e co presidente da Confraría de Pescadores, Basilio Otero.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Mar, Carmela López, presentou en Portos de Galicia un escrito pedindo cambios para a práctica da pesca deportiva no porto burelés. A edil acordounos na xuntanza mantida cunha representación dos pescadores recreativos da vila e co presidente da Confraría de Pescadores, Basilio Otero.

No escrito remitido a Portos de Galicia formúlanse peticións como a mellora nas condicións de acceso á zona portuaria. Que se permita a pesca deportiva entre o espigón até a Confraría e a antiga Fábrica de Xeo.

Permitir tamén a pesca en embarcacións sempre que non realicen ningunha operación e estean atracadas. Tamén se solicita revisar o aforo máximo dun pescador cada cinco metros xa que “nos parece excesiva distancia e moi difícil de cumprir”.

A concelleira de Mar, Carmela López, explicou que “me reunín con Basilio Otero e cos pescadores o pasado mércores, día 25, pola tarde no porto de Burela”. A concelleira aclarou que estas conversas xa se manteñen desde hai moitos meses.

A primeira xuntanza data de setembro do ano pasado e a partir de aí houbo distintas reunións, con acceso ao borrador do documento presentado a Portos e mediante a Confraría e a Federación a Concellaría de Mar estivo ao tanto do que se ía propor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...