Herminia Pernas será presentada como cronista de Burela o 17 de setembro

O alcalde de Burela, Alfredo Llano declarou que “o acto estará adaptado ás medidas covid en vigor nese momento, haberá que estar con máscara, empregar hidroxel para a desinfección das mans, distancia social”.

Herminia Pernas. AXM

O vindeiro 17 de setembro terá lugar o acto de presentación oficial da cronista de Burela, Herminia Pernas. Será ás 19 horas na Casa da Cultura.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “nese acto haberá discursos da propia cronista, do concelleiro de Cultura, de min mesmo como alcalde, e dalgunha outra persoa mais. Os flocos imos ultimalos estes días. Estamos analizando a posibilidade de convidar aos cronistas da comarca, pero este punto aínda está por decidir”.

O rexedor engadiu que “a acto estará adaptado ás medidas covid en vigor nese momento, haberá que estar con máscara, empregar hidroxel para a desinfección das mans, distancia social, etc… as butacas que poderemos ocupar roldarán as duascentas”.

Llano dixo que “a principios da vindeira semana agardamos ter perfilado a totalidade do acto que desenvolveremos o venres na Casa da Cultura”.

A Corporación Municipal de Burela aprobou por unanimidade o nomeamento de Herminia Pernas, como cronista oficial, nun pleno celebrado a finais de setembro do pasado ano.

2 COMMENTS

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here