As obras na rúa Rio Cobo de Burela rematarán en breve, segundo o Concello


As obras na rúa Río Cobo, en Vila do Medio, Burela, estraron xa na fase final. O orzamento ascendeu a 70.000 euros e para o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, trátase duns traballos moi necesarios debido ás roturas que se producían na rede de abastecemento de auga. Para supervisar a conclusión da obra, o edil e o alcalde, Alfredo Llano, desprazáronse ata a zona onde aproveitaron para falar coas veciñas e cos veciños.

O edil de Obras contou que “estivemos supervisando o remate dunha obra importante e moi necesaria que se fixo na rúa Río Cobo, na Vila do Medio”.

Ramiro Fernández explicou que “tíñamos unha serie de problemas de traída da auga naquela zona con moitísimas roturas na rede e ademais aproveitamos para solucionar xa o tema da traída”. Tamén se mellorou o saneamento ademais de facer o separativo de pluviais e residuais. Por último, engadiuse unha capa de aglomerado en quente á rúa que mellora o seu tránsito.

Fernández engadiu tamén que “estivemos falando cos veciños e están contentos coa obra. Hoxe están cos últimos retoques e espero que non haxa ningún tipo de problema unha vez finalizado o traballo que era moi necesario”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here